top of page

Un ferido tras caer co seu coche por un terraplén en Ponte Vilariño, en Agolada

19 dic 2021
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Agolada

Esta tarde produciuse unha saída de vía no municipio de Agolada. O accidente tivo lugar á altura de Ponte Vilariño e o coche caeu por un terraplén quedando volcado. O 112 Galicia foi alertado ás 16:46 horas. O condutor e único ocupante, tal e como informa o 112 Galicia, tivo que ser trasladado en ambulancia.


Os servizos sanitarios tamén mobilizaron ao helicóptero de Emerxencias Sanitarias que se desprazou ao lugar, pero finalmente o ferido, veciño de Lalín, foi traslado en ambulancia.


O 112 Galicia tamén deu aviso aos bombeiros de Deza, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Agolada.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page