top of page

Un ferido nun accidente entre dous coches en Melide

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Actualizado: 13 jul 2021

Colisión na Rúa do Cantón San Roque


Ecos da Comarca/Melide

A N-547 ao seu paso polo centro de Melide rexistrou esta noite un accidente no que se viron implicados dous vehículos. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 22:52 horas, no que se lles notificaba un accidente de tráfico entre dous coches na Rúa do Cantón San Roque. Así mesmo, indicaba que había persoas feridas que xa se atopaban fóra dos turismos. O incidente saldouse cun ferido que necesitou ser trasladado.


Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Arzúa, Protección Civil de Melide e unha ambulancia do 061. Ás 23:40 horas os vehículos aínda non foran retirados.

O accidente rexistrouse esta noite en Melide.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page