Un ferido leve tras envorcar co seu vehículo en Melide
- ecosdacomarca

- 25 dic 2021
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O municipio de Melide rexistrou en Noiteboa un accidente de tráfico. Produciuse unha saída de vía na estrada DP- 4604, que enlaza esta localidade co concello de Toques.
O 112 Galicia foi avisado por un particular uns minutos antes das 21:00 horas onde indicaba, tal e como sinala o 112 Galicia, que había un coche envorcado. O accidente saldouse cunha persoa ferida leve.
O 112 alertou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa e a Garda Civil de Tráfico.







Comentarios