Un condutor dase á fuga en Lalín tras impactar contra unha farola
- ecosdacomarca
- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Este martes rexistrouse un accidente de tráfico en Lalín no que o condutor do vehículo implicado se deu a fuga, tal e como informan Emerxencias Lalín.

"Tratouse dunha saída de vía, ás 13:30 horas na rotonda de acceso ó Polígono 2000 entronque co acceso á autopista. Un Opel Mokka saíuse da vía na mesma rotonda e bateu contra unha das farolas arrancándoa pola base", informa Emerxencias Lalín.
Publicidade
E engade que a pesar de acudir ao 061 e o servizo de de Emerxencias Lalín "o condutor non quixo ser atendido e douse á fuga. Posteriormente, foi localizado pola Policía Local de Lalín".
Comentarios