Un coche sae da vía e impacta contra un poste en Lema, Arzúa
- ecosdacomarca

- hace 1 hora
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O 112 Galicia foi alertado este domingo ás 14:10 horas debido a un accidente de tráfico no municipio de Arzúa.

Tal e como informa o 112, que foi avisado polo sistema eCall do vehículo afectado, tratouse dunha saída de vía dun coche na estrada EP 7901 á altura de Lema.
PUBLICIDADE
"Indicáronos que o condutor xa estaba fóra do vehículo debido a que o coche botaba fume e tiña medo de que prendera lume", sinala o 112.
Con estes datos deron aviso aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico e a Urxencias Sanitarias.
PUBLICIDADE
"Tempo despois os Bombeiros de Arzúa informáronos de que o coche chocou contra un poste e o que o desprendía o vehículo non era fume, senón como unha especie de gas que sae dos airbags, pero que o coche non corría risco de arder", puntualizou o 112.
O condutor tivo que ser atendido porque presentaba un estado de nerviosismo tras o accidente e unha ferida nunha man.








Comentarios