Un coche impacta contra un poste de formigón na parroquia cruceña de Carbia
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Ao redor das 7:50 horas deste domingo rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Vila de Cruces. O incidente tivo lugar na PO 960, na parroquia de Carbia, no quilómetro 28.
"Foi un choque dun coche contra un poste de formigón, o que provocou a rotura do mesmo e o corte da estrada", informa Protección Civil de Vila de Cruces.
O sinistro saldouse sen feridos. "A condutora, que viña de traballar, doulle o sono", asegura Protección Civil.
No lugar, ademais dos membros de Protección Civil, estiveron os bombeiros de Silleda e a Garda Civil de Tráfico. Así mesmo tamén se desprazou persoal da empresa subministradora de electridade que abastece a zona.








Comentarios