top of page

Un coche envorca na parroquia lalinense de Anzo

29 ago 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

O municipio de Lalín rexistrou esta tarde, ás 18:30 horas, un accidente de tráfico.

O coche afectado. Autor: Bombeiros de Silleda.

Tal e como informa o 112 Galicia, tratouse dunha saída de vía na estrada EP6005 á altura da parroquia de Anzo. O coche acabou envorcado, pero fóra do vial.


O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, ao GES e a Policía Local e aos Bombeiros de Silleda.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Os bombeiros indicáronos que non fixo falta usar as ferramentas de excarcelamento, porque a persoa afectada estaba accesible, pero si que a tiveron que sacar do vehículo", puntualiza o 112.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page