top of page

Un coche con tres persoas envorca en Toques

Ecos da Comarca/Toques

Este luns rexistrouse un accidente de tráfico no concello de Toques. O 112 Galicia foi alertado sobre as 11:00 horas.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Tal e como informa o 112 Galicia, tratouse dunha saída de vía dun coche no lugar de Buxán, na parroquia de Paradela. "O coche acabou envorcado nunha leira. Recibimos a chamada dun particular e indicábanos que había tres persoas no seu interior e que non daban saído", sinala o 112.



Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Con estes datos, o 112 mobilizou aos Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa e a Urxencias Sanitarias. Cando os Bombeiros se estaban dirixido ao lugar, a alerta foi anulada, porque as persoas conseguiron saír polo seu propio pé. A priori, non revestían gravidade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page