top of page

Un coche colisiona contra outro estacionado en Melide

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

Os coches afectados. Autor: C.D.

Este sábado rexistrouse un accidente de tráfico no concello de Melide. No mesmo víronse implicados dous vehículos e saldouse cunha persoa ferida. Sucedeu uns minutos antes das 14:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O suceso ocorreu na estrada AC-840 á altura do quilómetro 50, nas Cazallas. "Tratouse dunha colisión entre dous vehículos. Un que estaba circulando colisionou contra outro que estaba estacionado", sinala o 112 que foi avisado por Urxencias Sanitarias.


Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais de Urxencias Sanitarias, ata o lugar desprazáronse Protección Civil de Melide, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page