Un coche choca contra outros dous estacionados en Silleda
- ecosdacomarca

- 17 abr 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

Preto da unha do mediodía deste domingo un particular informou ao 112 Galicia dun accidente no casco urbano de Silleda no que se viron implicados varios vehículos.
O 112 Galicia indica que un coche bateu contra outros dous estacionados. O suceso ocorreu na Avenida do Parque e que como consecuencia unha muller quedou ferida. O 112 Galicia mobilizou a Urxencias Sanitarias, á Policía Local e á Garda Civil e ademais, informaron aos Bombeiros de Deza.







Comentarios