top of page

Un ciclista resultou ferido de gravidade ao caer do vehículo en Lalín


Ecos da Comarca/Lalín

Un ciclista resultou ferido de gravidade ao caer do vehículo en Lalín está mañá, tal e como informa o 112 Galicia.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente, no que só se viu implicado o ciclista, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, uns minutos antes das 12:00 horas.

Segundo indicaba, mobilizaban o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para atendelo.


A caída do ciclista tivo lugar no punto quilométrico 293 da N-525.

Ata o lugar dos feitos tamén acudiron os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, así como membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page