top of page

Un boi escorna a unha muller en Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

AUnha veciña da parroquia cruceña d Camanzo foi escornada este sábado por un boi. Tal e como informa o 112 Galicia recibiu a cornada no abdome.

Foto de arquivo.

A importancia da ferida motivou que fose evacuada en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Eran as 12:30 horas desta mañá cando o 112 Galicia atendeu a chamada da súa parella, que pedía axuda urxente. Deseguido, púxose a esta persoa en comunicación cos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co fin de recibir as instruccións necesarias mentres chegaban os equipos de intervención.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Finalmente, acudiu unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que foi apoiada polos axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Deste xeito, a muller foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago para seguir recibindo asistencia médica debido ás lesións provocadas pola cornada do animal.




Kommentarer


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page