Un accidente entre dous vehículos en Silleda sáldase con feridos
- ecosdacomarca

- 24 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
A estrada N-525 á altura da parroquia silledense de Lamela rexistrou este venres un accidente de tráfico. O 112 Galicia foi alertado ás 20:55 horas. No mesmo víronse implicados dous vehículos e saldouse con persoas feridas.

O accidente tamén provocou importantes retencións, xa que un dos vehículos quedou obstruíndo a circulación. "Estivemos parados entre 15 e 20 minutos", sinala un dos afectados.
Ata o lugar desprazáronse o 061, os Bombeiros de Silleda e a Garda Civil de Tráfico.







Comentarios