Ulloa Viva publica o expediente do proxecto Altri e supera os 60.000€ na súa campaña de financiamento
- ecosdacomarca
- hace 22 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/A Ulloa
Dende a plataforma veciñal Ulloa Viva, como parte interesada no procedemento
administrativo relacionado co proxecto industrial Greenfiber SL (ALTRI), comunican que
xa está dispoñible para a súa consulta pública na súa páxina web o expediente completo

Publicidade
"Poñemos a disposición da cidadanía esta documentación en nome da transparencia e do
dereito á información, convencidos de que só con acceso a datos reais se pode exercer
unha participación efectiva e responsable", recalca.
Publicidade
"Tamén queremos compartir con orgullo que a nosa campaña de financiamento colectivo,
lanzada a través da plataforma Goteo, superou os 60.000 euros en só 20 días, grazas á solidariedade de centos de persoas que se unen a nós na defensa dun rural vivo e con
futuro. Esta resposta popular demostra que a defensa do territorio, da auga e do patrimonio
non só é necesaria, senón que é profundamente compartida pola sociedade galega e máis
Comments