top of page

Ulloa Viva pide ao Miteco manter a exclusión de Altri da planificación eléctrica 2025-2030

Denuncia que as alegacións presentadas pola Xunta son incompatibles co marco normativo esixido


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva vén de presentar unha alegación diante da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica (Miteco), para que declare improcedente a proposta de incluír o Proxecto Gama na planificación da rede eléctrica para o horizonte 2030. "Dende Ulloa Viva pedimos expresamente con esta

alegación que non se autorice a conexión á rede de alta tensión Belesar-Mesón do Vento, nin a construción dunha subestación eléctrica, para fornecer de enerxía a macrocelulosa proxectada por Greenfiber (Altri e Smarttia) en Palas de Rei (Lugo)".

ree

Na argumentación exposta nesta petición, Ulloa Viva denuncia que o Proxecto Gama aínda non conta coa Autorización Ambiental Integrada (AAI) da Xunta nin se aprobou concederlle a categoría de Proxecto Industrial Estratéxico (PIE), sen os cales non se pode executar o proxecto.


Ademais, recórdalle ao Miteco que, segundo os datos da Declaración de Impacto Ambiental (DIA), a macrocelulosa produciría 400.000 toneladas de celulosa por ano e 200.000 de fibra téxtil, precisando un caudal diario de 46 millóns de litros de auga das que devolvería ao río Ulla 30 millóns de carácter residual. "A maiores, habería que engadir que a fábrica emitiría un enorme volume de contaminantes aéreos, entre os que se inclúen gases con efecto invernadoiro. Curiosamente, a empresa promotora omite no proxecto detallar estas emisións, entre elas as de CO2. En canto ao consumo enerxético, a fábrica precisaría 110 MW de electricidade e 21.000 Nm3/h de gas natural como combustible do forno de cal e na caldeira para xeración de vapor. Todo isto, acreditaría a utilización de combustibles fósiles nun volume elevado no proceso fabril, que foi precisamente un dos motivos polos que o proxecto Altri foi excluído da subvención solicitada pola promotora na liña de axudas do PERTE".


Para a Plataforma Ulloa Viva, tanto a carencia de AAI e PIE, como o enorme impacto ambiental desta industria, son contrarios aos criterios esixidos pola normativa e, polo tanto, imposibilitarían a inclusión do Proxecto Gama na planificación eléctrica do Miteco.


As pretensións da Xunta baten coa Lei de Cambio Climático e a Estratexia de Transición Xusta

En canto a esta incompatibilidade do Proxecto Gama coa lexislación que debería respectar para ter acceso á rede eléctrica, dende Ulloa Viva advírtese que as alegacións que formula a Xunta como as que, no seu caso, puidese formular Greenfiber, non poden ser estimadas, dado que serían contrarias ao marco normativo de referencia neste caso: a Lei de Cambio Climático e o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030 (PNIEC) e Estratexia de Transición Xusta.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

"En primeiro lugar, o Proxecto Gama non se axusta ao PNIEC porque supón un relevante consumo de enerxías fósiles (gas natural) e de recursos (auga e electricidade), con grave afectación medioambiental e social, ademais de non contribuír aos obxectivos de descarbonización. Cómpre subliñar que o proxecto de Greenfiber tamén contradí a Orde

TED/1375/2023, de 21 de decembro, sobre propostas de desenvolvemento da rede de transporte de enerxía eléctrica con horizonte 2030. Esta orde esixe aos proxectos presentados concordancia cos obxectivos do Plan nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC); unha significativa redución dos efectos de gases de invernadoiro e a descarbonización da economía produtiva; a planificación da rede eléctrica axustada a obxectivos de cohesión territorial, reto demográfico e transición enerxética xusta; e minimización do impacto ambiental, dando prioridade a “aqueles proxectos que maximizan a utilización do recurso renovable cun menor impacto medioambiental”".


Ademais, explica, "o artigo 2 desta mesma orde, no seu apartado b, garante o subministro de enerxía eléctrica a aqueles clientes potenciais que presenten “proxectos firmes e maduros no horizonte de planificación establecido”. "Resulta patente que o Proxecto Gama non se axusta a este marco normativo xa que, ademais de carecer de AAI e PIE, foille denegado o financiamento estatal e da Unión Europea, xa que se rexeitaron as peticións de Greenfiber para acceder ás axudas á descarbonización estatais e ás solicitadas ao Fondo de Innovación da UE. Por se non abondase, o Gama tampouco foi recoñecido como Proxecto Importante de Interese Común Europeo (PIICE). Á luz destes feitos, ao Proxecto Gama se lle poden poñer moitos cualificativos, pero nunca os de “firme e maduro”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Outros argumentos da alegación de Ulloa Viva teñen que ver con que o Proxecto Gama "é incompatible coas restricións medioambientais, supoñendo un grave impacto en forma de contaminación e emisións; non contribúe á descarbonización das actividades industriais, senón que a agrava; e é contrario aos principios de cohesión territorial, reto demográfico e transición xusta, supoñendo un impacto negativo a nivel territorial, demográfico e socio-económico".


Por último, a Plataforma advirte nas súas alegacións do forte impacto ambiental que suporía unha liña aérea de alta tensión, de 3 quilómetros de distancia, no entorno próximo ao LIC da Serra do Careón, así como o impacto dunha subestación nunha zona próxima a entidades e núcleos de poboación. "Un impacto ambiental que agravaría o derivado da propia planta da macrocelulosa", subliña.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page