Ulloa Viva pide ao Ministerio de Cultura que valore o impacto de Altri nos bens declarados Patrimonio da Humanidade-Camiño de Santiago
- ecosdacomarca
- hace 3 días
- 2 Min. de lectura
Trasládalle o informe o expediente íntegro de Altri
Ecos da Comarca/A Ulloa
A Plataforma Ulloa Viva presentou onte un escrito dirixido ao Ministerio de Cultura aos efectos de que por parte dos servizos técnicos de dito Ministerio se emita informe de valoración sobre o impacto patrimonial do proxecto Altri sobre o Valor Universal Excepcional dos bens declarados Patrimonio Mundial-Camiño de Santiago.
Dito Ministerio é competente para a emisión de tal informe de avaliación aos efectos do seu posterior traslado á Unesco e incorporación aos informes periódicos de seguemento de dito ben Patrimonio da Humanidade e conforme á Convención de Patrimonio Mundial da Unesco.

En dito escrito da Plataforma ponse a disposición do Ministerio de Cultura o expediente íntegro do proxecto Altri, no que, entre outros, figuran os distintos informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (DXPC) da Xunta así como os informes externos presentados por Greenfiber e que fundamentaron o informe final da DXPC e, ao cabo, a Resolución de Declaración de Impacto Ambiental (DIA).
A Plataforma fai constar ao respecto que, tal e como figura nunha resposta parlamentaria
do goberno e publicada recentemente no Boletín Oficial das Cortes (https://www.congreso.es/entradap/l15p/e6/e_0068417_n_000.pdf) o Ministerio de Cultura solicitou “reiteradas veces” á Xunta información do proxecto, "a pesar do cal a Xunta non lle enviou dita información, a pesar de que o Ministerio de Cultura debe realizar un informe de valoración sobre os proxectos que poidan ter un impacto potencial sobre os bens declarados Patrimonio da Humanidade, como é o caso do Camiño de Santiago".
Publicidade
O silenzo da Xunta a esa reiterada petición de documentación por parte do Ministerio de Cultura "é unha proba máis da falla de transparencia en todo o procedemento e un incumprimento flagrante do deber de colaboración institucional Xunta-Ministerio en relación cos valores de protección do Camiño de Santiago".
No escrito dirixido onte ao Ministerio de Cultura a Plataforma tamén reitera o feito de que o Informe final da DXPC e da propia DIA non foron precedidos de informe independendente de avaliación de impacto patrimonial, tal e como demandara no seu momento Icomos-España. "Ao contrario, os informes (de impacto visual e patrimonial) que fundamentaron o informe final da DXPC (incorporado á DIA) foron informes de parte, contratados e pagados por Altri, á marxe de Icomos (entidade que publicamente se desmarcou dos mesmos)".
Comments