top of page

Ulloa Viva lamenta a “oportunidade perdida” por Altri para desistir nunha macrocelulosa “que nadie quere”

A Plataforma acusa a Altri-Greenalia de “seguir tomándonos por parvos e analfabetos”


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva “lamenta profundamente” o anuncio feito onte público por Altri-Greenalia de que estuda “presentar alegacións” contra a súa exclusión da planificación eléctrica 2025-2030 do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco). Ulloa Viva considera “unha oportunidade perdida por Greenfiber para desistir dunha vez por todas dun proxecto que non ten electricidade, nin auga, nin lexitimidade social”.

ree

Diante das afirmacións da pasteira lusa, a Plataforma insiste en que “xa está ben de seguir tomándonos por parvos e analfabetos facendo un uso perverso da linguaxe”. Ulloa Viva lémbralle a Altri que agora defínese como “enerxeticamente neutra e descarbonizadora”, que foi o seu propio CEO, José Soares de Pina, quen dixo aos medios en xuño de 2023 que a macrocelulosa en Palas de Rei “emitirá á atmósfera 0,1 toneladas de dióxido de carbono (CO2) por cada tonelada de produto que saque ao mercado”. A Plataforma convida a Altri a facer unha simple operación matemática segundo os datos de produción do seu Proxecto Gama “400.000 toneladas de pasta de celulosa e outras 200.000 de liocel ao ano significa unha pegada de carbono da planta de 60.000 toneladas de CO2”. E iso sen ontar coas emisións dos fluxos de vehículos previstos pola empresa no seu propio proxecto.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Esta industria nin a pedimos nin a necesitamos”, lembra a Plataforma Ulloa Viva, que cualifica como “o colmo do descaro” que Altri-Greenalia diga que a súa exclusión da planificación eléctrica do Miteco deixaría fóra do mapa do desenvolvemento económico e industrial a toda a provincia de Lugo os vindeiros anos.


Desde Ulloa Viva queren deixar “claro” á empresa que “o noso futuro decidímolo nós, as veciñas e veciños, e xa tomamos unha decisión, queremos unha industria que dea valor ao que xa temos e non unha que arrase cos nosos recursos, que nos enferme e remate coa nosa calidade de vida para que dúas empresas teñan máis cartos”.


A plataforma cualifica ademais como “o colmo da incoherencia” que Altri se queixe agora de quedar sen a subestación eléctrica que demandaban ao Miteco polo que consideran “unha decisión política e non técnica”. Desde Ulloa Viva, a voceira Marta Gontá lémbralle a Altri que “non lle pareceu tan mal a decisión puramente política de declarar o seu proxecto como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) no 2022 “sen ningún estudo técnico”.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Diante da “temosía” de Altri-Greenalia en seguir adiante cun proxecto que “non ten electricidade, nin auga, nin os fondos públicos que pedían nin licenza social” a Plataforma Ulloa Viva advirte tanto á empresa como á Xunta de Galicia que “estaremos vixiantes e estamos preparados para seguir loitando en todas as vías posibles e con todos os recursos nas nosas mans contra un proxecto que atenta contra o noso territorio, contra o noso modo de vida, o noso modelo socio-económico e contra a nosa saúde e a dos nosos fillos e fillas”.


Para a Plataforma e logo da experiencia destes meses na loita contra a macrocelulosa “o que Altri diga non ten credibilidade algunha, levan meses dicindo moitas cousas que eran mentira e que fomos desenmascarando”. Ulloa Viva lembra o “greenwashing” que Altri-Greenalia fai sistematicamente do seu proxecto Gama, en cuestións coma o seu carácter de “bio, verde e sustentable”, o número de postos de traballo ou mesmo cando dixeron que “non facemos investimentos onde non nos queren”.


NOTICIA RELACIONADA:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page