Ulloa Viva exixe á Xunta a inmediata anulación da DIA e a denegación da AAI ao proxecto de Altri
- ecosdacomarca

- hace 8 horas
- 2 Min. de lectura
Sobre a sentencia do TSXG pola desprotección dos terreos sinala que “hai un elemento claro de intencionalidade de fomentar un proxecto privado”
Ecos da Comarca/Xeral
A Plataforma Ulloa Viva participou hoxe nunha rolda de prensa conxunta coa Plataforma Veciñal contra a Mina de Touro-O Pino e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) arredor dos “atrancos,intimidacións e impedimentos” que a Xunta de Galicia está a poñer á veciñanza que loita contra “proxectos lesivos” como a mina de Cobre San Rafael e a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei.

A voceira da plataforma veciñal contra a Mina de Touro-O Pino, Che Cancelo, denunciou estas “prácticas” do goberno galego contra a veciñanza e advertiu que “imos seguir loitando polo noso territorio até o final”. Tamén o presidente da PDRA, Xaquín Rubido, falou dun “recorte clarísimo deliberdades” nestes procedementos por parte da Xunta e asegurou que “imospersistir para conseguir transparencia e participación sen atrancos”.
PUBLICIDADE
Na rolda de prensa, o presidente de Ulloa Viva, Juan Pedro Sánchez referiuse á sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que condena á Xunta pola desprotección medioambiental dos terreos da zona da Serra de Careón onde Altri sitúa o seu proxecto Gama, e tamén o anuncio de onte do presidente da Xunta de que non recorrerán a sentencia “polo que entendemos que acatan a resolución do TSXG de protexer a contorna da Serra do Careón”.
Segundo explicou Sánchez, “este paso do TSXG declara a ilegalidade cometida pola Xunta para desprotexer” eses terreos, algo que a Plataforma Ulloa Viva considera “fundamental para entender que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva outorgada pola Xunta ao proxecto queda anulada, e que a Autorización Ambiental Integrada (AAI) pendente terá que ser denegada”. Neste contexto, o presidente de Ulloa Viva asegurou que “queremos que o goberno da Xunta fágao público así canto antes”.
PUBLICIDADE
Desde a Plataforma Ulloa Viva “preguntámonos si a desprotección é previa á DIA positiva, iso podería ser constitutivo de algún elemento de prevaricación, por non ter sido protexidos os terreos ou estudado o suficiente o proxecto”. Neste senso o presidente da Plataforma afirmou que “entendemos pola liña do tempo da desprotección dos terreos que hai un elemento claro de intencionalidade para desprotexer medioambientalmente eses terreos e fomentar un proxecto privado”.








Comentarios