top of page

Ulloa Viva: "Bruxelas confirma que Altri ten 0 euros de financiamento para a macrocelulosa en Palas"

A Plataforma denuncia que Altri obtivo o selo Step mentindo nas cifras de produción e o uso de combustibles fósiles"


Ecos da Comarca/Xeral

A Plataforma Ulloa Viva vén de constatar na web informativa na que a Comisión Europea actualiza os Selos Step e o seu financiamento, que o proxecto da macrocelulosa de Altri-Smarttia (propietaria dun 95% de Greenalia) en Palas de Rei “recibe de financiamento da Unión Europea 0 euros”.


"Desde a Plataforma Ulloa Viva xa sinalamos cando a empresa fixo público o seu Selo Step que este distintivo non significaba financiamento público da UE para o proxecto, e á vista da información que a Comisión Europea aporta agora sobre a avaliación do Proxecto Gama o presidente de Ulloa Viva, Juan Pedro Sánchez, reafírmase en que “Altri quixo converter un simple selo nun aval, sen 1 euro de financiamento e cunha chea de mentiras por parte da empresa na súa tramitación".

ree

Á vista da información que onte mesmo fixo pública a Comisión Europea na súa web relativa aos Selos Step (https://strategic-technologies.europa.eu/step-seal_en ), "desde a Plataforma Ulloa Viva confirmamos máis unha vez que Altri-Smarttia volveu mentir e mudar as cifras do seu Estudo de Impacto Ambiental e a posterior Declaración de Impacto Ambiental (DIA)” concedida pola Xunta de Galicia o pasado mes de marzo".


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Segundo os datos que a CE vén de facer públicos, na súa concorrencia ao Selo Step e ao financiamento por parte da Unión Europea, Altri comezou “cunha manobra a respecto dos seus obxectivos de produción”. Explica Ulloa Viva que "no STEP figuran 300.000 toneladas

de polpa e 60.000 de celulosa, mentres que na DIA e tamén no seu proxecto as cifras que figuran son 400.000 toneladas de polpa e 200.000 de lyocell coa fábrica a pleno rendemento e 250.000 toneladas de celulosa e 60.000 de lyocell na fase inicial". “Non din unha verdade nin en Bruxelas”, afirmou o presidente de Ulloa Viva.


Á Plataforma Ulloa Viva chámalle tamén a atención que fronte aos 250 millóns de euros de fondos públicos que Altri-Smarttia leva anos asegurando que precisa para a posta en marcha da macrocelulosa en Palas de Rei pediu ao fondo Step 275 millóns de euros, segundo figura na documentación da web comunitaria, na que debaixo do apartado “financiamento da UE” a Comisión escribe a palabra “non”.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

“Trampas e mentiras” de Altri en Bruxelas

E "entre as “trampas e mentiras que Altri incluíu na tramitación deste Selo Step" chama a atención á Plataforma Ulloa Viva que Altri vendera en Europa o seu proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei como “circular e descarbonizador”, destacando “no colmo do descaro” na súa definición do proxecto polo “baixo consumo de auga”, segundo figura na documentación feita pública. “Resulta intolerable e unha falta de respecto á veciñanza” que unha empresa que pediu captar 46 millóns de litros de auga ao día do encoro de Portodemouros durante os vindeiros 75 anos “queira agora facerse pasar por unha aforradora de auga, cando o seu consumo de auga equivale ao de toda a provincia de Lugo”.


A empresa mesmo concorreu aos fondos da UE coa mesma falsidade que acabou por excluíla o pasado mes de abril dos fondos do PERTE da descarbonización concedidos polo Ministerio de Industria do Goberno de España. Altri “volveu tentar mentir en Bruxelas e ocultar o seu forno de cal e o uso de combustibles fósiles”.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page