top of page

UCIN Galicia reclama aos concellos medidas urxentes para evitar a morte de aves en pistas de pádel

Advirte de posibles responsabilidades legais


Ecos da Comarca/Xeral

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, esixiu este domingo unha resposta “inmediata e efectiva” por parte dos concellos galegos ante o impacto ambiental provocado polas pistas de pádel con cerramentos de cristal, que están a causar a morte de aves, incluídas especies protexidas.

Calo subliñou que se trata dun problema “real, crecente e evitable”, e instou aos responsables municipais a actuar dentro das súas competencias para garantir a protección da biodiversidade. “Os alcaldes non poden permanecer impasibles ante unha situación que xa está documentada. Esiximos acción municipal e o cumprimento estrito da normativa vixente”, afirmou.


Esixencia de cumprimento legal

Desde UCIN Galicia lembran que existen ferramentas normativas suficientes para intervir, xa sexa mediante ordenanzas municipais ou a adaptación de instalacións deportivas. Neste sentido, a formación advirte de que a inacción podería derivar en responsabilidades legais para as administracións locais.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A postura prodúcese nun contexto no que a Fiscalía Xeral do Estado reforzou nos últimos anos o seu criterio para actuar ante a morte de aves por colisións contra superficies acristaladas, contemplando en determinados casos a vía penal como delito contra a fauna.


Medidas inmediatas e de baixo custo

UCIN Galicia propón a adopción urxente de solucións técnicas que xa demostraron a súa eficacia, como:

• Colocación de vinilos visibles nos cristais

• Instalación de patróns anticolisión

• Uso de redes protectoras

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

“Son medidas sinxelas, económicas e que poden salvar numerosas vidas. Non hai escusas para non aplicalas”, sinalou Calo.


Chamamento aos concellos

A formación fai un chamamento directo aos Consistorios para que revisen as instalacións existentes e actúen con rapidez, priorizando a adaptación daquelas pistas situadas en zonas de especial sensibilidade para a avifauna. “A protección do medio ambiente non é unha opción, é unha obrigación legal e moral. Os concellos deben estar á altura”, conclúe o coordinador de UCIN Galicia.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page