top of page

UCIN Galicia esixe un xiro urxente na TVG e o fin do control político sobre os medios públicos

Ecos da Comarca/Xeral

UCIN Galicia esixe un xiro urxente na TVG e o fin do control político sobre os

medios públicos. Lamenta que o ano 2025, no que a Televisión de Galicia (TVG) celebrou o seu 40 aniversario, pechouse tamén como o do peor rexistro de audiencia da súa historia, cunha cota media anual do 8,4%, o chan máis baixo acadado nunca polo canal público galego.

ree

"Aínda que a baixada respecto de 2024 foi mínima —apenas unhas décimas, tras o

desplome superior ao 20% do ano anterior—, o dato consolida unha crise profunda e

sostida de credibilidade. Todo isto prodúcese, ademais, nun contexto de lixeira

recuperación xeral das televisións autonómicas, o que deixa en evidencia que o

problema da TVG non é o mercado, senón o seu modelo", salienta UCIN.


Desde UCIN Galicia advertin "de que esta perda continuada de audiencia é

consecuencia directa de anos de manipulación informativa, control político e falta

de pluralismo, unha realidade denunciada reiteradamente polos propios traballadores

da CRTVG a través dos coñecidos “Venres Negros”, protestas que incluso deron lugar

a condenas xudiciais contra o ente público por vulnerar a liberdade de expresión".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Neste sentido, o coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, móstrase contundente: "A caída da audiencia da TVG non é un problema técnico nin de audímetros; é a proba de que a cidadanía galega deixou de confiar nun medio percibido como manipulado e sometido ao control político. Cando unha televisión pública deixa de informar con rigor e pluralidade para converterse nun altofalante do poder, perde a súa razón de ser e, como estamos vendo, perde tamén aos seus espectadores".


UCIN Galicia considera especialmente grave que, ante este novo récord negativo, a dirección da TVG e o Partido Popular de Galicia "optasen por poñer en dúbida os sistemas de medición de audiencia, coincidindo coa recuperación de TVE, no canto de asumir responsabilidades e afrontar unha reforma real do modelo de medios públicos. Cuestionar os audímetros é unha fuxida cara adiante. O problema non está en como se mide a audiencia, senón en como se manipula a información", subliña José Luis Calo.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"A TVG necesita independencia, non escusas"

Desde UCIN Galicia esixen ao Goberno galego un xiro inmediato e profundo na política audiovisual da comunidade, que garanta unha televisión pública profesional, plural e ao servizo da cidadanía, e non dos intereses partidistas. UCIN Galicia lembra, ademais, que esta crítica non se limita ao actual goberno. "En etapas anteriores, cando PSdeG e BNG tiveron responsabilidades de goberno, tamén se produciron inxerencias políticas nos medios públicos. Ningún partido pode dar leccións. Todos utilizaron a televisión pública cando gobernaron. Por iso é urxente un cambio estrutural que blinde a CRTVG fronte a

calquera partido, goberne quen goberne", sinala Calo.


UCIN Galicia considera que é o momento de cambiar as políticas na comunidade,

recuperar a confianza da cidadanía e poñer fin a décadas de control político sobre a

televisión pública galega.




IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page