UCIN Galicia esixe responsabilidades inmediatas polo colapso nas urxencias do CHUS
- ecosdacomarca

- 30 nov
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
UCIN GALICIA manifesta a súa máis enérxica condena ante a situación vivida estes días nas urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), onde numerosos pacientes permaneceron ata cinco horas en padiolas e cadeiras de rodas nos corredores, sen privacidade nin intimidade, nun contexto que constitúe —a xuízo desta formación— un grave atentado á dignidade das persoas e unha neglixencia institucional intolerable.

Segundo denuncian os usuarios afectados, o Servizo Galego de Saúde mantivo a pacientes e familiares en condicións impropias dun sistema público, malia dispoñer de máis de 200 camas libres no centro hospitalario. Pola contra, a Xunta nega o colapso, unha postura que UCIN cualifica de insulto ás persoas que viviron esta situación inaceptable.
Publicidade
UCIN entende que este novo episodio confirma "o desmantelamento encuberto da sanidade pública galega, como consecuencia directa da falta de planificación, de persoal e de investimento por parte da Consellería de Sanidade e do propio Presidente da Xunta de Galicia".
Por isto, a formación esixe responsabilidades políticas inmediatas, a apertura dun expediente de investigación e a dotación urxente dos recursos necesarios para garantir
unha atención digna, segura e humana en todos os centros sanitarios de Galicia.
Publicidade
“O que aconteceu no CHUS é unha vergoña e unha agresión directa aos dereitos máis básicos das persoas. Estamos ante un colapso que se intenta negar mentres pacientes
maiores, vulnerables e en dor permanecen horas tirados nun corredor. Isto non é un
fallo puntual: é o resultado dunha política de abandono sistemático da sanidade
pública. Desde UCIN Galicianon imos toleralo e imos esixir responsabilidades ata
as últimas consecuencias", salienta José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia.








Comentarios