top of page

UCIN Galicia denuncia o colapso da Atención Primaria

Acusa a Rueda e ao PPdeG de “abandono planificado” da sanidade pública


Ecos da Comarca/Xeral

A coordinadora de UCIN Galicia, encabezada por José Luis Calo, denunciou este luns a situación “crítica e insostible” da Atención Primaria en Galicia, tras coñecerse os datos do informe do Consello de Contas de Galicia, que constata un deterioro estrutural do sistema sanitario. Desde UCIN Galicia responsabilizan directamente ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e ao Partido Popular de Galicia de levar a sanidade pública galega a unha

situación límite.


“Non estamos ante un problema puntual nin conxuntural. Estamos ante un abandono

planificado da Atención Primaria por parte do Goberno galego, que leva anos recortando recursos e mirando cara outro lado mentres a situación empeora”, afirmou José Luis Calo.

UCIN Galicia subliña que o informe do Consello de Contas achega cifras “demoledoras”: Galicia destina arredor dun 12% do gasto sanitario á Atención Primaria, moi lonxe do 25% recomendado por organismos internacionais, e preto dun 28% das prazas están vacantes, o que evidencia a falta estrutural de profesionais. Ademais, denuncian que existen arredor de 120 concellos sen pediatra propio, e que os tempos de espera para conseguir cita superan en moitos casos as 48 horas, incumprindo os estándares recomendados.


“O señor Rueda e o PPdeG non poden seguir negando a evidencia. A Atención Primaria

está ao límite, con profesionais esgotados e pacientes desatendidos. Isto ten responsables políticos claros”, engadiu Calo.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A formación lembra tamén que o envellecemento da poboación agrava a situación, cun

incremento significativo das persoas maiores e dos pacientes crónicos, o que eleva a

presión asistencial sen que se produza un reforzo proporcional do sistema. “Mentres a realidade é que faltan médicos e pediatras, o Goberno galego segue vendendo unha sanidade ficticia que non existe para miles de galegos e galegas”, criticou o coordinador de UCIN.


UCIN Galicia advirte das consecuencias desta situación, como o incremento das listas

de espera, a saturación dos centros de saúde e o aumento de derivacións hospitalarias

que poderían evitarse cun sistema de Atención Primaria reforzado. “Se non se toman medidas urxentes, o deterioro irá a máis e pagarao a cidadanía. Estamos xogando coa saúde das persoas”, concluíu Calo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Finalmente, UCIN Galicia esixe á Xunta un plan urxente de reforzo da Atención Primaria que inclúa máis investimento, contratación de profesionais e mellora das condicións laborais.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page