top of page

UCIN Galicia consolídase como "a Cuarta Vía para o cambio político en Galicia"

Celebrou a súa Reunión Executiva en Santiago de Compostela


Ecos da Comarca/Xetal

A formación política Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) celebrou esta fin de semana a súa Reunión Executiva en Galicia, coa participación de representantes autonómicos, para definir as liñas estratéxicas do partido de cara ás próximas eleccións galegas. José Luis Calo coordinador UCIN Galicia, Silvia Gómez concelleira concello de Tordoia, Diego Adrián Mallo coordinador UCIN Santiago de Compostela, Alejandro Regueiro coordinador UCIN Teo, Alfonso Hortas coordinador UCIN Lugo, Marcelino Giraldez, coordinador UCIN Mos e Maria del Carmen Díaz.

ree

UCIN Galicia traballa para ofrecer á cidadanía "unha alternativa real fronte ao bipartidismo tradicional e ao nacionalismo do BNG, presentándose como unha cuarta vía política capaz de representar a todos os galegos e galegas, sen exclusións nin etiquetas ideolóxicas".


Durante o encontro definíronse varias liñas de traballo prioritarias, entre as que destacan:

• A defensa dunha Galicia unida, sen divisións nin bloques enfrontados.

• Un modelo de xestión pública centrado nas persoas, afastado das estruturas de

partido tradicionais.

• Un compromiso firme co municipalismo, a transparencia e a participación cidadá.

• A elaboración dun programa realista, pegado ao territorio, construído desde as

necesidades de cada comarca galega.


UCIN preséntase como o único partido verdadeiramente independente con capacidade real de acceder ao Parlamento de Galicia, grazas a un modelo baseado na proximidade

coa veciñanza e na defensa dos intereses locais por riba das consignas estatais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con 66 cargos electos en toda España, UCIN é actualmente o partido independente con

maior representación institucional do país, e busca agora consolidar ese apoio cidadán

tamén en Galicia. “Galicia precisa unha alternativa que non sexa nin o bipartidismo de

sempre nin o nacionalismo excluínte. Somos unha cuarta vía, galega, plural e independente. En UCIN defendemos unha política útil, feita desde abaixo, centrada nas persoas e nos concellos. Non vimos a dividir, vimos a sumar, a construír unha Galicia para todos e todas, senetiquetas nin imposicións", sinala José Luis Calo, Coordinador de UCIN Galicia.


A reunión serviu tamén para pechar próximas visitas a diferentes puntos do territorio galego, así como para iniciar os preparativos do programa electoral co que a formación

concorrerá ás eleccións municipais e autonómicas. "Desde UCIN Galicia facemos un chamamento a todos os galegos e galegas que cren nunha política útil, moderada e sen confrontacións, a construír conxuntamente esta nova etapa. Unha Galicia para todos, con voz propia e sen imposicións externas".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page