top of page

UCIN Galicia amosa o seu apoio aos bombeiros forestais e esixe o fin da figura do fixo discontinuo

Ecos da Comarca/Xeral

UCIN GALICIA, a través do seu coordinador autonómico José Luis Calo, manifesta o

seu respaldo total aos cerca de 2.500 bombeiros forestais de Galicia e súmase ás

reclamacións urxentes para poñer fin á figura do fixo discontinuo dentro do operativo de

prevención e extinción de incendios.

ree

O recente cese de 938 traballadores fijos discontinuos —profesionais responsables de

tarefas esenciais de prevención e extinción— puxo novamente de manifesto a

necesidade de dotar ao servizo de estabilidade, continuidade e profesionalización real.

"Non é asumible que un traballo altamente técnico, que require formación continua e

unha dispoñibilidade permanente, siga sometido a vínculos laborais interrompidos e

desigualdades retributivas", recalca a formación política.


Desde UCIN GALICIA consideran "imprescindible un operativo profesional activo os 365 días do ano, con condicións laborais equiparables para todo o persoal e baixo o principio de “a igual traballo, igual salario”. A prevención non pode limitarse aos meses de maior risco; require planificación, limpeza, mantemento e vixilancia constante ao longo do ano".


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por iso, esixen á Xunta de Galicia:

1. O fin da figura do fixo discontinuo en todo o operativo de bombeiros forestais.

2. A ampliación real dos períodos de traballo, dotando ao servizo de continuidade anual.

3. Un incremento da partida nos Orzamentos da Xunta 2026 para reforzar os traballos de prevención nos meses de menor incidencia de incendios.

4. A equiparación salarial e laboral para rematar coas desigualdades existentes dentro do colectivo.

5. Un proceso de diálogo urxente cos representantes sindicais e profesionais para acadar un modelo estable, profesional e digno.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"Desde UCIN GALICIA reiteramos o noso apoio total ao colectivo de bombeiros forestais, un servizo esencial para a protección dos nosos montes, das nosas aldeas e do noso patrimonio natural. Galicia necesita un operativo forte, profesional e estable, e a Xunta debe actuar con responsabilidade, visión e vontade política".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page