top of page

O club de lectura de Arzúa arrinca novo curso cunha xornada de portas abertas o 26

hace 3 minutos
2 min de lectura

O prazo de renovacións de prazas das persoas participantes no curso anterior estará aberto do 23 ao 30 de setembro e para novas altas comezará o 1 de outubro


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza un novo curso do club de lectura municipal Arzúa Le que arrincará de novo no mes de outrubro con dous grupos e máis de corenta prazas ofertadas.

O prazo de renovacións de prazas das persoas participantes no curso anterior estará aberto do 23 ao 30 de setembro e o prazo de inscricións para novas altas comezará o 1 de outubro. As inscricións son de balde e poden formalizarse na Oficina de Cultura e Deportes en horario de 8:30 a 14:00 horas.


Antes do inicio do curso, levarase a cabo unha xornada de portas abertas coa actividade Arredor do libro e da lectura da man do escritor Armando Requeixo acompañado do coordinador do club, José Manuel Pampín. Esta actividade, aberta ao público, terá lugar este sábado, 26 de setembro, ás 18:00 horas na Casa de Correos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Armando Requeixo, natural de Mondoñedo, é crítico literario, secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e profesor da USC. Coordinador de Publicacións e Actividades da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, responsabilizouse de numerosas edicións e estudos de autores galegos dos séculos XX e XXI, ademais de escribir monografías sobre Ánxel Fole, Xosé Díaz Jácome, Xosé María Díaz Castro e Álvaro Cunqueiro, entre outros. Como crítico literario asinou colaboracións en cabeceiras de Galicia e de fóra desta, e exerce como comentarista nos xornais Faro de Vigo, La Opinión, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Publicou recentemente Literatura insólita que recolle artigos que versan sobre os costumes e as manías dos creadores, as outras profesións dos escritores, curiosidades dos títulos dos libros, as linguas en que foron escritos, as dedicatorias e os volumes raros ou a intelixencia artificial, entre moitos outros asuntos sempre insólitos arredor da literatura.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page