O Concello do Pino organiza unha excursión á Feira de Barcelos o 1 de outubro
As prazas son limitadas e as inscricións poden formalizarse no Centro Sociocultural Luis Seoane
Ecos da Comarca/O Pino
O Concello do Pino organiza para o xoves 1 de outubro unha excursión a Barcelos, en Portugal, para visitar a súa coñecida feira tradicional.

A saída desde Arca está prevista para as 9:30 horas diante do CPI Camiño de Santiago.
Previamente, o autobús recollerá participantes en Gonzar, ás 8.30 horas, e realizará tamén
paradas en Lardeiros e Ferreiros.
PUBLICIDADE
O prezo da viaxe é de 10 euros, que deberán aboarse anticipadamente na conta do Concello.
PUBLICIDADE
O xantar terá un custo de 31 euros e pagarase directamente no restaurante. As prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información no Centro Sociocultural Luis Seoane, a través do teléfono 981 511 065.









Comentarios