top of page

UCIN Galicia alerta do risco das cinzas dos incendios sobre os ríos galegos e critica "a inacción da Xunta"

Ecos da Comarca/Xeral

UCIN Galicia volve advertir do grave perigo ambiental que supón a chegada das primeiras choivas tras os incendios do verán, que arrasaron arredor de 171.000 hectáreas do noso territorio. As cinzas e os sedimentos acumulados nas zonas queimadas, coñecidos popularmente como o “chapapote do monte”, poden chegar aos ríos e encoros galegos, afectando á calidade da auga, á fauna fluvial e aos ecosistemas acuáticos.

Autor: Ecos da Comarca.
Autor: Ecos da Comarca.

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, lembrou que “xa a principios de agosto advertimos da necesidade de actuar con urxencia para evitar esta situación”, pero lamenta que “a Xunta non tomase as medidas axeitadas nin contratase o persoal necesario para facer fronte a un problema que se vía vir”.


Desde UCIN Galicia denuncian "que tras máis de dous meses de inacción, as administracións competentes limitaron a súa resposta a actuacións puntuais, sen un plan

integral nin medios humanos suficientes para garantir que as cinzas e os restos forestais

non cheguen aos cauces dos ríos".


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

“Non se pode improvisar ante unha emerxencia ambiental destas dimensións”, engadiu

Calo. “A falta de previsión e de contratación de efectivos está poñendo en risco a saúde dos nosos ecosistemas fluviais e, en última instancia, a calidade da auga que consumen

milleiros de galegos”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

UCIN Galicia insta á Xunta a reforzar de inmediato os equipos de limpeza, restauración e contención dos sedimentos, e a activar un plan de seguimento ambiental real e transparente para minimizar os danos e recuperar as zonas afectadas polos incendios. “Non abonda con palabras nin fotos nos medios. Galicia necesita acción, medios e

compromiso real co seu medio ambiente”, concluíu o coordinador de UCIN Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page