UCIN Galicia acusa a Rueda de levar a Sanidade ao límite: “Os hospitais están ao bordo do colapso”
- ecosdacomarca

- hace 9 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
UCIN Galicia, a través do seu coordinador autonómico José Luis Calo, lanzou unha denuncia contundente contra a xestión sanitaria do Goberno galego presidido por
Alfonso Rueda, advertindo dun risco real de colapso nos hospitais públicos de Galicia como consecuencia da falta de persoal, o abandono das infraestruturas e unha política sanitaria “desconectada da realidade da cidadanía”.

Segundo UCIN, a situación é xa insostible, con demoras de ata tres semanas para acceder ao médico de familia, unha circunstancia que está a provocar un efecto dominó: pacientes que non son atendidos a tempo en atención primaria acaban saturando urxencias hospitalarias, convertendo os hospitais en auténticos “depósitos de pacientes”, sen rotación nin recursos suficientes. “O que estamos vivindo non é un problema puntual, é o resultado dunha estratexia política errada e irresponsable”, afirma José Luis Calo.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Falta de persoal e hospitais deteriorados
Desde UCIN Galicia denuncian a escaseza crónica de profesionais sanitarios, tanto en atención primaria como hospitalaria, con cadros de persoal ao límite, sobrecarga
asistencial e un desgaste humano que está a provocar baixas, fuxida de profesionais e perda de calidade asistencial.
"A isto súmase o pésimo estado de mantemento da maioría dos hospitais galegos, con
instalacións obsoletas, problemas estruturais recorrentes e unha falta de investimentos
reais en modernización e conservación", subliña.
Publicidade
Críticas directas ao presidente da Xunta
UCIN sinala directamente ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao que acusan "de falta de interese político pola sanidade pública, mentres se destinan recursos a gastos innecesarios, estruturas políticas desmesuradas e propaganda, en lugar de reforzar o sistema sanitario”. “Hai cartos, pero non se destinan onde realmente fan falta. A sanidade pública non é unha prioridade para este Goberno”, sostén Calo.
A sanidade galega precisa un xiro inmediato”
UCIN Galicia esixe medidas urxentes: reforzo inmediato de persoal sanitario, redución das listas de espera en atención primaria, investimentos reais no mantemento hospitalario e unha planificación sanitaria centrada nas persoas, non nos intereses políticos.
Publicidade
A organización advirte de que, de non producirse un cambio radical na política sanitaria, Galicia podería entrar nun escenario de colapso asistencial permanente, coas consecuencias máis graves para pacientes e profesionais. “A sanidade pública galega está a pagar o prezo da mala xestión. E os responsables teñen nome e apelidos”, conclúe UCIN Galicia.








Comentarios