UCIN acusa a Feijóo de “oportunismo político” e lémbralle a súa responsabilidade nos incendios
- ecosdacomarca

- 26 ago 2025
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, acusou este luns a Alberto Núñez Feijóo de “oportunismo político” tras anunciar un plan integral de 50 medidas contra os incendios forestais. Entre as propostas do presidente do Partido Popular figura a creación dun rexistro nacional de pirómanos condenados, que estarían obrigados a portar pulseiras telemáticas con xeolocalización. Para UCIN Galicia, esta medida pode ser útil como ferramenta de control e parte dunha estratexia máis ampla, pero Calo advirte: “O problema dos incendios non se resolve cun rexistro de pirómanos. O que necesitamos son políticas serias de prevención, investimento no rural e dispositivos públicos fortes e ben dotados”.

Publicidade
“Galicia arde por decisións do pasado”
Calo lembrou que durante os máis de dez anos nos que Feijóo presidiu a Xunta de Galicia, aplicáronse recortes en brigadas forestais, precarización do persoal de extinción e privatización de medios, o que debilitou gravemente a capacidade de prevención. “Hoxe Galicia sofre as consecuencias daquela política de abandono. Quen debilitou o sistema agora pretende poñerse o traxe de salvador. Esa é a verdadeira herdanza incendiaria de Feijóo”, denunciou.
Publicidade
"Medidas reais, non propaganda"
O coordinador de UCIN Galicia subliñou que os incendios “non se apagan con titulares nin con anuncios rechamantes”. Para el, as prioridades deben ser:
• Reforzar os medios humanos e técnicos de extinción.
• Garantir estabilidade laboral e formación ao persoal de brigadas.
• Investir no rural e na xestión sostible do monte.
• Potenciar a coordinación entre administracións sen duplicidades nin loitas partidistas. “Estamos a falar de vidas humanas, de familias arruinadas e dun patrimonio natural devastado. Non de estratexias electorais”, concluíu Calo.








Comentarios