top of page

UCIN: "A Xunta apoia ás apostas mentres o helicóptero do 061 de Santiago está inoperativo"

A formación critica que a asistenciade da Xunta o pasado 7 de maio á inauguración da nova sede corporativa da empresa de apostas Luckia na cidade da A Coruña


Ecos da Comarca/Xeral

UCIN Galicia, a través do seu coordinador autonómico, José Luis Calo, lanzou este sábado unha dura crítica contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a súa asistencia o pasado 7 de maio á inauguración da nova sede corporativa da empresa de apostas Luckia na cidade da A Coruña.

No acto institucional, Rueda estivo acompañado polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e pola alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey.

Desde UCIN Galicia consideran “inadmisible” que o Executivo autonómico “dedique

tempo e protagonismo institucional a apoiar empresas vinculadas ás apostas deportivas

mentres os servizos públicos de emerxencias continúan sufrindo carencias gravísimas”.


José Luis Calo denunciou que o helicóptero de emerxencias con base en Santiago de Compostela “leva sen estar operativo desde o venres”, unha situación que cualificou de

“auténtica vergoña para Galicia e unha irresponsabilidade política de enorme gravidade”.

“Mentres o presidente da Xunta aparece en fotografías inaugurando sedes de casas de

apostas, miles de galegos quedan desprotexidos por falta de medios sanitarios e de

emerxencia. A prioridade dun goberno serio debería ser salvar vidas, non fomentar un

modelo baseado no xogo e nas apostas”, afirmou contundentemente o coordinador de

UCIN Galicia.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A formación lembra que non é a primeira vez que reclama unha mellora urxente dos servizos de emerxencias na comunidade, denunciando desde hai anos “a falta de

investimento, a precariedade dos medios e o abandono sistemático dos recursos

sanitarios e de rescate”.


UCIN Galicia esixe á Xunta “explicacións inmediatas” sobre a situación do helicóptero

medicalizado e reclama “un compromiso real e efectivo coa seguridade e coa atención

sanitaria dos galegos”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

“Galicia non pode permitirse ter helicópteros de emerxencia parados mentres o Goberno

galego centra os seus esforzos en actos propagandísticos. A vida das persoas ten que

estar por enriba de calquera interese económico ou empresarial”, concluíu Calo.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page