top of page

Turexpo Galicia, presente como entidade colaboradora no Congreso Mundial de Turismo de Interior, que se celebra en Cáceres

Son máis de 250 profesionais do sector turístico de España e Portugal os que asisten ao Congreso


Laura Moure/Silleda

O Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, está presente estes días como entidade colaboradora no I Congreso Mundial de Turismo de Interior, o cal se celebra dende este martes e ata hoxe en Cáceres. Ademais do apoio corporativo, un equipo de Turexpo Galicia está presente nesta cita, organizada pola Asociación Ibérica de Turismo de Interior (AITI) e cuxos relatorios imparten expertos de países de todo o mundo, como España, Portugal, Polonia, Acerbaixán, Exipto, Guinea Ecuatorial, Irán, México ou Perú.


Son máis de 250 profesionais do sector turístico de España e Portugal os que asisten ao Congreso, que ten como obxectivo analizar actualidade e perspectivas do turismo de interior, avaliar áreas de interese, expor accións turísticas encamiñadas a contribuír ao desenvolvemento social e económico do territorio interior e facilitar a cooperación entre os diferentes axentes implicados neste.

ree

Uns propósitos para os que o Congreso suma aos seus relatorios dúas áreas, unha de exposición orientada a que os destinos de interior poidan presentar a súa oferta e outra de networking para realizar contactos, colaboracións e contratacións.


Interesantes relatorios

A xornada de onte do Congreso contou con catro bloques temáticos, centrados en “Beira Baixa e Estremadura, cal é o futuro do turismo?”, “Casos de éxito de turismo de interior”, “Recursos e xentes do turismo de Interior” e “Turismo relixioso e espiritualidade”.


Xa onte o Congreso comezou coa pregunta “O interior é un destino?”, para continuar debullando a liberalización do transporte de pasaxeiros para mellorar a mobilidade turística, a mobilidade e turismo de interior e tamén “Sustentabilidade e turismo despois de 2030”. Ademais, onte os operadores de turismo convidados realizaron un fam trip, do mesmo xeito que hoxe, cando o programa estará centrado nesta actividade e levará aos operadores turísticos a enclaves de Extremadura e a Beira Baixa portuguesa, como Cáceres, Trujillo, Malpartida e Monsanto.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Turexpo Galicia 2025

O Salón Turístico de Galicia celebrará a súa 14ª edición do 5 ao 8 de xuño de 2025, no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda – Pontevedra) e enmarcada na 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.


O certame, que conta co apoio da Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia, prepárase para ser un efectivo espazo de colaboración, intercambio e negocio, á vez que conformará un atractivo escaparate de propostas e destinos para o público final.


Á súa proposta expositiva e de actividades, volverá sumar a vistosa Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) e a súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística, cun importante número de operadores e máis países emisores de turismo para multiplicar as posibilidades de negocio.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page