top of page

Troitiño tacha de “despropósito” e “caza de bruxas” o precalendario de 2023 elaborado por Corral

4 oct 2022
2 min de lectura

Considera que a eliminación das subidas da Estrada e A Pontenova “como represalia a escuderías que non se someten á súa ditadura é a gota que colma o vaso” e augura “posibles mobilizacións”


Ecos da Comarca/Deza

O candidato de Xeración- RenovaFGA á presidencia da Federación Galega de Automobilismo (FGA), o lalinense Antonio Rodríguez Troitiño, cualificou este luns como “un despropósito” e unha “caza de bruxas” o comunicado publicado pola FGA coa solicitude das probas precalendadas para 2023 diante da Dirección General de Tráfico (DGT).

Troitiño.

Entre as “novidades máis impactantes” está a “sorprendente eliminación” das subidas da Estrada e A Pontenova, “dúas das probas máis relevantes desta modalidade”, como “represalia a escuderías que non se someten á súa ditadura”, así como o solapamento en datas da Subida a Taboadela coa Subida a Chantada e ausencias como a do Rali de Noia no precalendario de rallyes.


“Estas modificacións inxustificadas son a gota que colma o vaso e non descartamos todo tipo de mobilizacións para obrigar á dirección da FGA a corrixir este despropósito. Neste precalendario Iván Corral está a axustar contas dunha forma ditatorial contra entidades que non bailan ao seu son pero que acreditan ao seu favor a organización dalgunhas das mellores probas da súa modalidade. Por iso, apelamos á intervención da Secretaría Xeral para o Deporte para impedir este novo atropelo contra uns dos verdadeiros artífices da puxanza do automobilismo galego, como son as escuderías”, argumenta Troitiño.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

“Estas entidades prexudicadas teñen todo o noso apoio e non están soas. Chegaremos

onde faga falta para acabar con este comportamento mafioso e ditatorial. E pedímoslle a todos os deportistas e demais entidades que tomen consciencia desta forma de proceder, ou comigo ou contra min, porque hoxe pásalle a estas escuderías, pero mañá pode pasarlle a calquera”, salienta.


Para Rodríguez Troitiño, “é necesario que o día 1 de novembro todos lle demostren a Iván Corral que o automobilismo galego está farto da súa estratexia do medo e das súas represalias. Estas decisións son unha nova senrazón e a proba máis tanxible de que Iván Corral está a vivir as súas últimas semanas como presidente da FGA”, concluíu.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page