top of page

Tres vehículos implicados nun accidente no casco urbano de Melide

26 oct 2021
1 min de lectura

O incidente tuvo lugar esta tarde na Ronda da Coruña e ao menos houbo dúas persoas feridas


Ecos da Comarca/Melide

Os servizos sanitarios contactaron con 112 Galicia ás 17:41 horas deste martes para informar dun accidente en Melide, no que indicaban había algunha persoa ferida.


Tal e como informa o 112 Galicia no sinistro vironse implicados tres vehículos e tivo lugar no casco urbano melidense, concretamente na Ronda da Coruña.


O 112 Galicia deu aviso á Protección Civil e a Policía Local de Melide, á Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros.


Ao final, segundo os datos brindados ao 112 polo persoal sanitario, dúas persoas necesitaron ser trasladadas en ambulancia.

Unha ambulancia do 061. Autor: Ecos da Comarca.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page