Tres persoas resultan feridas, unha delas grave, nun accidente entre tres vehículos en Melide
- ecosdacomarca

- hace 37 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este xoves rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Melide. No mesmo víronse implicados tres vehículos e resultaron feridas tres persoas, unha delas de gravidade. O 112 foi alertado ás 10:30 horas.
O suceso, tal e como informan os Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa e dende a Comandancia da Garda Civil da Coruña, sucedeu na N-547, áltura do km 47,600, na estrada que vai a Lugo en Furelos.

Tratouse dunha colisión en cadea no que se viron implicados dous camións e un turismo. Resultou ferido grave o condutor do segundo camión que tivo que ser liberado polos bombeiros de Arzúa e seguidamente, foi evacuado ao hospital de referencia no helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago. Por outra banda, houbo dous feridos leves que viaxaban no coche que foron trasladados en ambulancia.
PUBLICIDADE
Segundo como informa a Garda Civil, o coche freou, de seguido frea o tráiler que levaba penso e o terceiro camión non deu freado e impactou contra o trailer que a vez chocou contra o coche. O segundo camión era unha cuba que transportaba gas inflamable, pero non correu perigo.
PUBLICIDADE
A circulación quedou restablecida preto das 13 horas. Ao lugar desprazáronse os Bombeiros de Arzúa, o helicóptero medicalizado e unha ambulancia do 061, tres patrullas da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil de Melide.








Comentarios