top of page

Tres persoas feridas nun accidente entre un coche e unha moto en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Este domingo tivo lugar un accidente no municipio de Melide no que se viron implicados dous vehículos e que se saldou con tres persoas feridas. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 20:50 horas.

O accidente de onte. Autora: Miriam Ramos.

Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión entre unha moto e un coche e como podemos aprezar na imaxe, este último quedou envorcado. Foi na estrada DP 4604 á altura do quilómetro 4 en San Salvador, na estrada que enlaza Melide e Toques.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

"A persoa que nos chamou indicounos que había persoas feridas, pero que estaban accesibles e liberadas", sinala o 112 Galicia. Con estes datos deron aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil de Melide e ao Servizo de Mantemento da Estrada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Unha vez no lugar, Protección Civil de Melide confirmounos que resultaron feridas tres persoas que foron trasladas en ambulancia", engade o 112.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page