Tres feridos nun accidente con tres vehículos implicados en Monterroso
Ecos da Comarca/Monterroso
Este domingo produciuse un accidente de tráfico no municipio de Monterroso no que se viron implicados tres vehículos. O 112 Galicia foi alertado ás 12:07 horas.
Tal e como informa o 112 tratouse dunha colisión na que se viron implicados tres coches. Ocorreu na estrada N 640 á altura do quilómetro 124,5 en Salgueiros.

PUBLICIDADE
O 112 Galicia sinala que Urxencias Sanitarias tivo que atender a tres persoas, pero a priori resultaron feridas leves.
PUBLICIDADE
Ademais de Urxencias Sanitarias tamén se desprazaron ao lugar a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Mantemento da Estrada.









Comentarios