top of page

Tres deportistas de Silleda destacan no Campionato Galego Individual de Kung Fu celebrado en Carballo

Mariña Breijo acadou o ouro mentres que Roberto Presas e Daniela Salgado lograron sendos bronces nunha competición na que a asociación Kung-fu Zen conseguiu un resultado histórico


Ecos da Comarca/Silleda

O deporte silledense volveu deixar esta fin de semana unha excelente imaxe no Campionato Galego Individual de Kung Fu, celebrado en Carballo, coa destacada participación de tres deportistas do municipio que subiron ao podio.

A silledense Mariña Breijo proclamouse campioa galega, acadando a medalla

de ouro, mentres que Roberto Presas e Daniela Salgado lograron respectivamente dúas medallas de bronce, completando así unha brillante actuación da representación local.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

No caso de Roberto Presas, a competición estivo especialmente axustada, xa que tivo que disputar un desempate polo segundo posto, quedando finalmente terceiro por apenas unha décima de diferenza, o que dá mostra do alto nivel exhibido durante a xornada.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A participación da asociación deportiva Kung-fu Zen neste campionato tamén deixa unhas cifras moi destacadas. O club dezao acudiu á cita con 10 nenos e nenas, dos que 9 resultaron premiados, cun balance final de 3 primeiros postos, 2 segundos e 4 terceiros, acadando case o 100 % de deportistas galardoados. Trátase dun resultado que dende a entidade cualifican de histórico, tanto na competición como na propia traxectoria do club.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page