top of page

Trasladado un traballador tras sufrir unha caída dende unha altura en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Un operario resultou ferido, esta mañá, despois de sufrir unha caída na Avenida Cruces, no concello de Lalín. A alerta do accidente laboral recibiuse no 112 Galicia, ás once e media, a través das chamada do persoal sanitario.


Na comunicación, informábase de que un home acababa de caer dende unha altura mentres traballaba descargando material, no lugar de Carragoso de Arriba. Desta forma, desde o CIAE-112 Galicia facilitáronselle os datos aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos membros do GES do municipio.


Finalmente, o 112 Galicia tivo constancia de que o operario necesitou ser trasladado polos servizos sanitarios.

Foto arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page