top of page

Toñito López e Santi Gil gañan o III Rallysprint Concello de Silleda

O segundo posto foi para Javier Martínez Carracedo e José Antonio Vázquez Barrán e o terceiro para Marco Lorenzo e José Ángel Fente


Ecos da Comarca/Silleda

Toñito López e Santi Gil conquistaron este sábado o III Rallysprint Concello de Silleda-Castrol by Grupo Martins. A dupla do Peugeot levou a vitoria final tras completar unha actuación moi sólida, marcando o scratch en 3 dos 4 treitos disputados e parando o crono final en 30:19.9.

Javier Martínez Carracedo e José Antonio Vázquez Barrán mantiveron a emoción ata o final, rematando na segunda posición a só 7.2 segundos dos vencedores tras unha intensa loita durante toda a xornada.


Marco Lorenzo e José Ángel Fente asinaron unha gran actuación diante da súa afección para completar o podio final, cedendo 31.0 segundos respecto da cabeza.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Na cuarta posición finalizaron Diego Félix e Héctor Rodríguez, mentres que Iago Silva e Francisco Javier González pecharon o top 5 da clasificación xeral.


Alberto Nimo e Félix Quintela foron os vencedores da categoría Extra, así como da xeral absoluta. Cómpre lembrar que os vehículos Rally2, N5 e similares non puntúan para a clasificación final do rallysprint.


Emilio Vázquez e Daniel González dominaron a Copa Kumho, logrando a vitoria na súa primeira participación dentro deste certame monomarca.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Clasificación Final (Provisional)

 “Toñito” López - Santi Gil | 30:19.9

 Javier M. Carracedo - J.A. Vázquez Barrán | +7.2

 Marco Lorenzo - José A. Fente | +31.0

 Diego Félix - Héctor Rodríguez | +52.7

 Iago Silva - Francisco J. González | +1:07.1

 Miguel A. Alonso - Leticia Álvarez | +1:12.7

 Álvaro Méndez - David Enríquez | +1:14.6

 Emilio Vázquez - Daniel González | +1:25.0

 Sergio Otero - Noel Claro | +1:46.9

 Marcos Maceiras - Sergio Iglesias | +2:00.1

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page