Touro aposta pola música tradicional para celebrar o Día das Letras Galegas
- ecosdacomarca
- hace 22 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
Este venres celebrouse na Casa da Cultura de Touro un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, que se celebra cada 17 de maio. Nel actuaron tres agrupacións musicais e foi todo un éxito, cun público moi entregado que abarratou o lugar da celebración.

Publicidade
Publicidade
Baixo o título Pandereteiras nas Letras Galegas, puxeron o ritmo musical Axóuxeres de
Cornado, A Pinguela de Bama e Barulleiras da Asociación Folclórica Santiaguiños de
Boimorto. Sen dúbida, unha gran combinación musical para conmemorar unha data tan
importante e mais cando este ano, este día está adicado ás cantareiras e pandereteiras.
Comments