top of page

Tiran por terceira noite consecutiva parte do muro do atrio da igrexa de Berredo, en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

A veciñanza da parroquia agoladesa de Berredo non sae do seu asombro. Por terceira noite consecutiva, alguén tirou parte do muro do atrio da igrexa.

A desfeita no muro da igrexa de Berredo. Autor: Ecos da Comarca.
A desfeita no muro da igrexa de Berredo. Autor: Ecos da Comarca.

Estes actos vandálicos comezaron na madrugada do xoves para o venres, e así sucesivamente. A persoa ou persoas acoden cada noite ou a primeira hora do día para seguir tirando parte do muro. Pola maneira en que aparecen as pedras, todo apunta a que o fai ou o fan de xeito manual.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os dous primeiros días, as pedras apareceron tiradas cara dentro, no atrio, pero onte domingo, parte delas, quedaron no camiño, polo que dificulta o paso de vehículos.


O cura da parroquia e a Garda Civil xa se desprazaron ao lugar.






Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page