top of page

Teresa Varela levará unha moción ao pleno de Lalín para a mellora integral das beirarrúas

Ecos da Comarca/Lalín

Teresa Varela Fisteus, en calidade de concelleira non adscrita do Concello de Lalín, levará ao vindeiro pleno municipal unha moción para abordar a mellora integral das beirarrúas, tanto para mellorar a súa seguidade como a limpeza estética urbana de Lalín.

"O estado actual das beirarrúas e do dos espazos públicos, tanto no casco urbano como no rural, e deficiente e presenta un grado de deterioro evidente e preocupante en varios e diferentes ámbitos fundamentais para a calidade de vida da veciñanza e dos nos visitantes: a nivel seguridade peonil: que en distintas zonas se topen losetas e baldosas das beirarrúas levantadas, rotas ou desniveladas, esta xerando un risco de seguridade para os peóns ocasionando tropezos, caídas e accidentes. Así como a escasa e insuficiente limpeza viaria, quizás a limpeza sexa un dos servizos básicos que máis inflúe na percepción de benestar dos veciños e veciñas dunha vila", lamenta a edil.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

E apunta que unhas beirarrúas limpas non son só unha cuestión de imaxe-estética, senón unha garantía de seguridade e salubridade. "Actualmente, diversas zonas do núcleo urbano de Lalín presentan un estado de abandono no que respecta á limpeza en profundidade. A acumulación de manchas persistentes, residuos orgánicos, os efectos das

miccións caninas, a proliferación de verdín e agora co bo tempo temos que sumarlle os malos olores, afectan negativamente a imaxe da noso municipio", lamenta.


A nivel estético e de dinamización

E recalca Varela que "a imaxe dunha vila é a súa carta de presentación. Unhas rúas coidadas, atractivas e esteticamente agradables non só melloran a calidade de vida dos residentes, senón que actúan como un potente reclamo turístico e un motor para o comercio local",


Polo anteriormente exposto, propón a adopción dos seguintes acordos:

PRIMEIRO: instando ao Goberno Municipal :

  • A elaborar, no prazo máis breve posible, un plan integral de reparación e mantemento das beirarrúas e espazos peonís do casco urbano e do rural, priorizando aquelas zonas que presenten maior risco para a seguridade das persoas.

  • A reparación inmediata das losetas, baldosas e pavimentos levantados, rotos ou desnivelados que poidan ocasionar tropezóns ou caídas.

  • A reforzar o servizo municipal de limpeza viaria mediante a implantación dun programa periódico de baldeo, limpeza con auga a presión e desinfección das rúas, prazas e beirarrúas de todos os barrios e parroquias do municipio.

  • A elaborar un plan de engalanamento urbano de Lalín, que contemple a incorporación ou substitución de elementos vexetais, ornamentais, mobiliario urbano, iluminación decorativa e iniciativas de arte urbana que contribúan a mellorar a estética da vila e dinamizar a actividade comercial e turística.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

SEGUNDO.- Instar ao Goberno do Estado, da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial, a executar as actuacións de reparación, mantemento, limpeza e mellora da seguridade viaria nas estradas e espazos da súa titularidade que discorren polo termo municipal de Lalín, co fin de garantir unhas condicións adecuadas de seguridade, accesibilidade e imaxe urbana.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page