top of page

Teresa Varela abandona Compromiso por Lalín e pasa a non adscrita na oposición

"Esta decisión só se debe a poder manter a coherencia que defendín durante a campaña electoral, non comparto o xiro político que desdebuxa a nosa identidade de grupo", recalca


Ecos da Comarca/Lalín

A concelleira de Compromiso por Lalín Teresa Varela Fisteus acaba de presentar no rexistro do Concello un escrito comunicando a súa decisión de abandonar o grupo municipal de Compromiso por Lalín CXG-CXL para pasar a exercer as súas funcións na bancada da oposición como concelleira non adscrita.


Comunicado de Teresa Varela:

"Acabo de presentar no rexistro do Concello de Lalín o escrito comunicando a miña decisión de abandonar o grupo municipal de Compromiso por Lalín CXG-CXL para pasar a exercer as miñas funcións na bancada da oposición como concelleira non adscrita.


Esta decisión so se debe a cumprir co ítem previsto e para poder manter a coherencia do que defendín ante os meus veciños e veciñas durante a campaña electoral, non comparto o xiro político que desdebuxa a nosa identidade de grupo.

Quero deixar moi claro que esta decisión é estritamente política e en ningún caso ten carácter persoal. Só teño palabras de gratitude para Rafa e para os meus compañeiros de grupo, a súa calidade humana é reseñable e debe ser subliñada. Non obstante, desde o máximo respecto á coherencia coas conviccións e valores que levo defendendo na última campaña electoral, durante todas as anteriores e na miña etapa como membro do goberno de Lalín, considero que este é o camiño correcto, e dicir que vou seguir traballando en coherencia cos meus principios e co programa electoral que lle presentei os

meus veciños e veciñas e vou intentar facelo dun xeito respectuoso e construtivo.


Como ben sabedes, son contraria a sobrecargar o concello de inmobles, que non só hai que adquirilos, hai que mantelos, pagar os subminístroos e dotalos de persoal, o proxecto da gran praza supuxo unha inversión millonaria e todo o que queda por acometer, eses cartos podíanse haber abdicado a reforzar os servizos públicos existentes, fomento de emprego, gasto social,..

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Creo que quedou clara a miña postura neste último pleno, a miña discrepancia non é persoal, senón no modelo de xestión que ten o actual goberno. Eu creo nunha administración dos recursos públicos baseada na prudencia. Son plenamente consciente de que en momentos determinados hai que recorrer ao endebedamento para investir no pobo, pero hai que facelo con sentidiño.


Non podo, en absoluto compartir a folla de ruta dos orzamentos presentados e moito menos os deste ano 2026, cando tocou debater e aprobar este punto abondei o pleno para non romper a disciplina de voto do partido.


Estou en contra de aumentar a sobrecarga impositiva sobre os nosos veciños e veciñas. Considero, e así o dixen, que nun contexto económico como actual, o Concello debe ser un apoio e non unha carga adicional para as familias. Sendo honesta, clara, e transparente, a un ano vista dos vindeiros comicios municipais, vai a ser para min un tempo de reflexión persoal, teño que valorar con calma se quero seguir en política, dando un paso á fronte, ou se pola contra chegou o momento de abandonar, e seguir coa miña actividade privada e dedicarlle máis tempo a miña familia e amizades, que son os grandes

prexudicados de que eu me metera en política porque co traballo tes e debes cumprir, e a quen lle sacas o tempo e a familia e os amigos, os que quero dun xeito público darlle as gracias polo apoio.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Quero subliñar que mentres siga ocupando esta acta de concelleira, fareino defendendo o que creo que é mellor para o noso Concello, con total independencia, defendendo o proxecto co que concorrín as últimas eleccións.


Débome aos veciños e veciñas, que sempre me terán ao seu carón, e remato co meu agradecemento máis sincero a quen confiou en min e me apoiou durante as campañas".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page