top of page

Terceira vitoria consecutiva para os silledenses Marco Lorenzo e Diego Gil

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

Terceira vitoria consecutiva para os silledenses Marco Lorenzo e Diego Gil. O pasado sábado tiña lugar a cuarta cita puntuable para o Campionato Galego de Rallys e a ela acudía o equipo Silleda Motorsport encadrado dentro do Volante FGA-Bolsa PXP24.

O día comezaba con sorpresa, xa que o seu principal perseguidor, Maikel Santos, sufría un accidente no primeiro tramo abandonando prematuramente. O alto ritmo imposto pola dupla trasdezana nese primeiro tramo, sentaba a base dunha nova vitoria, neste caso a terceira consecutiva.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, serían 2° clasificados da Agrupación 4 e terminando 9° clasificados xeral. Un resultado difícil de igualar e que permite dar un paso importante na consecución da Beca PXP24, ademais de permitir a Lorenzo-Gil seguir sendo líderes destacados do Volante FGA.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O equipo atópase xa preparando a próxima proba, na que competirán como locais: o I Rallysprint de Silleda deste sábado, 18 de maio. Co dorsal número 12 nas portas, tentarán realizar un bo papel nun campionato de rallysprints no que tamén lideran a agrupación 4.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page