top of page

Temperaturas medias en Lalín nos sete primeiros meses de 2026

Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas

Antonio Presas/Lalín


TEMPERATURAS MEDIAS EN LALÍN NOS SETE PRIMEIROS MESES DE 2026

Seguindo as regras do razonamento lóxico (establecido pola Lóxica tradicional aristotélica dos siloxismos e métodos inductivo-deductivos) é normal que se as temperaturas están a variar, lentamente, a valores cada vez máis elevados, entonces os valores parciais que podemos analizar tamén reflecten esa tendencia.

Estación meterolóxica de Lalín.
Estación meterolóxica de Lalín.

En resume, se as "temperaturas medias" están a subir lentamente desde mediados do século XIX de forma clara e demostrabale cuantitativamente, entonces cabe esperar que eses cambios se aprecien, veladamente, con datos de escala reducida, é decir, variacións interanuais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Pois ben, o que está a suceder neste ano 2026 na estación meteorolóxica de Lalín, segue esa tendencia de forma clara e os datos así o evidencian.

- Temperatura media de xaneiro a xullo período 2017-2026: 12,09ºC

- Temperatura media de xaneiro a xullo ano 2025: 12,60 ºC

- Temperatura media de xaneiro a xullo ano 2026: 12,95ºC

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

En consecuencia a temperatura media no que vai de ano 2026 é uns 0,86ºC máis elevada que o promedio 2017-2026.


No gráfico adxunto, e sen que sexa necesario dar moitas explicacións, pode observarse a evolución das temperaturas medias na estación de Lalín.

O que levamos de verán deste ano, foi bastante parecido, termicamente, ao ano 2025, salvo no mes de xullo. En 2025 a temperatura media de xullo foi normal e este ano estamos ante un mes de xullo moi cálido: a media de xullo 2017-2026 foron 19ºC e a temperatura media de xullo de 2026 foi de 20,73ºC, é decir, 1,73ºC máis elevada.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A situación actual leva consigo unha serie de consecuencias, ben coñecidas pola poboación de Lalín:

- Escaseza progresiva de auga

- Elevado perigo de incendios graves ou moi graves

- Seca que afecta a todos os cultivos (millo, patacas, ...), árbores froiteiras, ...

- Aumento da necesidade de consumir auga (ben que escasea)

- Necesidade de adopción de medidas de restrición colectivas no consumo de auga.

- Etc, .... etc....


Antonio Presas, xeógrafo de Lalín

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page