Tamara García quedou campioa galega absoluta no XVII Campionato Galego de Carreiras de Montaña
- ecosdacomarca
- hace 19 horas
- 2 Min. de lectura
O cruceño Emilio Montilla non deu opcións no título de categoría vencendo en M55
Ecos da Comarca/Deza
Atletas do Biosbardo Club Deportivo desprazáronse ata a localidade lucense de Folgoso do Courel esta fin de semana para desputar unha das citas grandes do calendario da Federación Galega de Atletismo: o XVII Campionato Galego de Carreiras de Montaña. Unha proba dura e desafiante que nos seus 15,5 quilómetros tiña que salvar un desnivel de 1.500 metros, dando un acumulado superior ós 3 mil metros. Unhas cifras duras para todo un campionato galego. Nesta proba a atleta de Dozón, Tamara García, quedou campioa galega absoluta.

TAMARA GARCÍA – CAMPIOA GALEGA ABSOLUTA
"Coas cousas claras, Tamara foise posicionando en carreira, collendo posicións no grupo de cabeza feminino ata que chegou a subida máis longa e dura da proba, o Pico Penaboa, no cal pasou ó ataque metendo unha marcha máis e posicionándose como líder do Campionato, reafirmando a súa posición no longo descenso a meta e sendo a nova campioa galega de carreiras de montaña. Pola súa banda, a caldense Enara Fernández voltaba á competición facendo unha carreira moi estable e meténdose no podio como bronce F35", salienta o club.
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
MARCOS PASCUAL – BRONCE ABSOLUTO
"Recén recuperado da súa lesión e coa incertidume do descenso, o atleta de Sanxenxo xogou tódalas súas cartas no ascenso, consolidándose nos postos de cabeza, podendo así realizar unha última parte máis “conservadora” para manter o terceiro posto. Un gran resultado, bronce absoluto galego e campión da súa categoría (M40) tras un verán afastado da competición", apunta o club.
Tamén nos postos altos e acariñando o podio, a 7ª praza absoluta proclamaba a Federico Losada campión da súa categoría M45.
Publicidade
Pola súa parte, o cruceño Emilio Montilla non deu opcións no título de categoría vencendo en M55. Fran Pascual, irmán de Marcos, consolidaba a 3ª posición, curiosamente na mesma categoría (M40).
Comentarios