Taboada informa que “xa temos a axuda da estrada de Penagudín a San Pedro de Losón”
- ecosdacomarca
- 11 jun 2022
- 2 Min. de lectura
O alcalde cruceño indícalle a Otero de que a subvención que pretende conseguir xa foi concedida tras a petición que Taboada e Crespo realizaron conxuntamente no seu día
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, agradece ao alcalde de Lalín, José Crespo, a súa boa predisposición para realizar a petición para arranxar os viais de Fontao a San Pedro de Losón que na súa traxectoria pasan por Porto do Carrio, pertencente a Lalín e por
Penagudín de Vila de Cruces. Taboada vese obrigado a sacar este comunicado ao ver as declaracións do excalcalde cruceño Jesús Otero onde di que vai solicitar que a Xunta de Galicia axude con algún tipo de subvención ao Concello de Vila de Cruces, para poder facer fronte á reparación do firme destes viais.

Isto é algo que a Taboada parécelle "inaudito", xa que hai xa tempo el mesmo en compañía do alcalde de Lalín realizaron conxuntamente esta petición ao ser os beneficiarios ambos os concellos, unha petición que xa tuvo contestación pola administración confirmando que van poñer os fondos necesarios para a reparación do firme desde Fontao ata San Pedro de Losón, pasando por Penagudín e Porto do Carrio.
O rexedor agradece enormemente á oposición do PP moi especialmente ao señor Jesús Otero, a súa boa predisposición para solicitar este tipo de subvencións á Xunta, e animao a que continúe nesta liña, pero tamén lle pide que se informe antes de sacar notas de prensa para que non leven a malos entendidos e que non volva solicitar algo que xa está concedido. É máis Taboada anímao a seguir nesta liña porque se necesitan moita máis colaboración das institucións xa que Vila de Cruces está composta por 28 parroquias que necesitan moitos investimentos tras máis de 20 anos de abandono do anterior goberno.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments