O Concello de Silleda únese ao programa +Reto Dixital
- Laura Moure
- hace 22 horas
- 1 Min. de lectura
Un programa impulsado pola Deputación de Pontevedra para mellorar as competencias dixitais das persoas maiores de 50 anos
Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda súmase ao programa Reto Dixital, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra destinada a formar en competencias dixitais ás persoas maiores de 50 anos empadroadas en concellos recoñecidos como de reto demográfico. O obxectivo principal deste programa é facilitar o acceso da cidadanía aos servizos da Administración electrónica e mellorar a súa autonomía na xestión de trámites cotiáns, contribuíndo así a reducir a fenda dixital existente.
No marco desta iniciativa, ofreceranse obradoiros presenciais de cinco horas de duración, cun custo de cinco euros por participante. Cada taller incluirá un módulo inicial sobre seguridade no uso de medios electrónicos e de internet.
Publicidade
As temáticas abordadas serán:
Administración electrónica.
Sede electrónica da Deputación de Pontevedra e do Concello.
Sergas.
As accións formativas comezarán en setembro de 2025 no Centro Social de
Silleda.
Publicidade
Todas as persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro martes 13 de maio no departamento de Benestar Social ( segundo andar na Casa do Concello) ou ben no 986 59 20 37.
Comments