Súmate a iniciativa 'De Melide a Santiago de Compostela correndo polo Ulla" o 7 de decembro
- ecosdacomarca

- hace 14 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Como xa se anunciara no pasado mes de outubro as Plataformas Ulloa Viva e En Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e o resto das asociacións e colectivos que integran a mesa de coordinación nacional contra Altri, terá lugar unha gran manifestación nacional o vindeiro 14 de decembro, ás 12 horas dende a Alameda de Compostela, coincidindo co aniversario da mobilización do 15D de 2024 na que máis de 100.000 persoas ateigaron Santiago e a Praza do Obradoiro ao berro de “Altri Non”. Pero antes desta data, e co obxectivo de mobilizar ao maior número de xente para ese día, haberá o 7 de decembro unha actividade dende Melide a Santiago.
Publicidade
Baixo o nome "De Melide a Santiago de Compostela correndo polo Ulla" partirá dende Melide ás 7:30 horas e os participantes correrán polo Camiño Francés un pouco máis dos 50 quilómetros que distan ata Compostela.

Esta iniciativa está organizada pola Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non e pretende darlle un pulo de visibilización para que a xente o día 14 de decembro se mobilice de novo na capital de Galicia.
Publicidade
As persoas que se queiran sumar á actividade do 7 de decembro, poden consultar no cartel da iniciativa o horario de pasada por determinas localizacións.








Comentarios